Aquí atoparás produtos frescos e saudables producidos con orgullo nas nosas granxas
Crianza ao aire libre
Crianza tradicional galega dos galos e galiñas nunha contorna natural
Aquí atoparás produtos frescos e saudables producidos con orgullo nas nosas granxas
Os Galos de Curral de Vila de Cruces son criados en liberdade, seguindo os seus ritmos naturais. Aliméntanse con produtos de tempada, cultivados na horta e de cultivo orgánico: grelos, tomates, cebada, soia, millo e trigo. Isto garante un sabor e calidade propios da tradición gastronómica galega.
O noso proxecto como Asociación de Criadores do Galo de Curral, é crear un medio de produción orixinal e puro. Ao adquirir os nosos produtos, contribúes ao desenvolvemento dun sistema de produción harmonioso coa natureza e que achega saúde e benestar.
Os criadores de Galo de Curral estamos aliñados cos principios e os valores da sustentabilidade en todo o proceso de cría, porque cada paso do proceso incide directamente na saúde do animal e no sabor da carne.
aliñados cos principios e valores da sustentabilidade
Crianza tradicional galega dos galos e galiñas nunha contorna natural
Benestar animal grazas a un desenvolvemento dos galos de acordo cos seus propios ritmos biolóxicos
Alimentación autóctona e mesmo, aproveitamento das formas máis naturais de sanidade e “farmacoloxía” vexetal, grazas aos produtos e procedementos propios do campo
Desenvolvemento dunha produción sostible e harmoniosa co medio ambiente
Cohesión cultural cos costumes da Vila e dos seus habitantes que se organizan ao redor da actividade