Galo de Curral á sidra con crema de fabas de Lourenzá e queixo país con salteado de cabaza

Ingredientes:
1 Galo de Curral
2  l de sidra ecolóxica Ribela
300  gr de queixo ecológico de Avega
2 cebolas grandes
3 cenorias grandes
1/2 kg de fabas de Lourenzá
cabaza
sal
aceite de oliva
pementa negra
pipas de cabaza
cabaza
sal
aceite de oliva
pementa negra
pipas de cabaza

Preparación:

O día anterior poñemos as Fabas de Lourenzá en remollo.

Poñemos a cocer as  Fabas de Lourenzá con abundante auga e sal. Cando estean cocidas retiramos a metade da auga e agregamos o queixo coa cortiza e deixamos que se vaia fundindo. Moemos un pouco de pementa negra e rectificamos de sal se fose necesario. Reservamos e mantemos quente ata que se vaia a empratar.

Cortamos o galo de Mos en anacos e douramos nunha cazola en aceite ben quente. Cando este dourado sacamos a un prato e nese mesmo aceite  pochamos as cebolas cortadas á xuliana e cando empezo a estar transparente engadimos as cenorias cortadas en toros e os anacos de galo.

Cubrimos todo coa sidra, tapamos e deixamos cocer a lume baixo durante unha hora.

A media  cocción engadimos un pouco de sal e moemos un pouco de pementa negra.

Cortamos a cabaza en  cuadraditos pequenos e os  salteamos nunha tixola cun pouco de aceite, sal e pementa negra.

Empratamos poñendo os anacos de galo cubertos coa salsa da súa  cocción e uns toros de cenoria, nun dos lados poñemos a crema de  Fabas de Lourenzá e a cabaza  salteada. espolvoreamos unhas pipas de cabaza por encima.

Bo proveito.

Rocío Garrido Caramés

Editora de La Cocina de mi Abuelo